Make your own free website on Tripod.com
R. C. Deportivo de la Coruña  |     home
Liga   |   Copa U.E.F.A.   |   Copa   |   SuperCopa   |   Outros
Copa


Ata a presente campaña, a Copa, ou mellor dito, o Campionato de España, era o torneo oficial no que o clube galego acadara a cota máis elevada ao ficar campión nunha edición. Xa na de 1910, no torneo organizado pola FEF -houbera outro organizado pola Unión de Clubs-, o por entón R.C.D. Sala Calvet, se vira envolto nun polémico partido co Español de Madrid. Cando os madrileños vencían por 1-0 tumbou unha portería e suspendeuse o partido que, por falta de acordo, non chegaría a reanudarse ficando coxo o triangular copeiro, que venceu o Barcelona. Foi na campaña 1988/89 cando os herculinos acadaron a súa primeira semifinal, da que foron desposuídos por unha lamentable arbitraxe en Valladolid, onde os locais forzaron unha prórroga para acabar por imporse no tanteador axudados polas brusquidades, ante un equipo, por entón, na división de prata. Na época 1991/92, preocupados por unha promoción de permanencia na Primeira ante o Betis, descoidaron a segunda chegada ás portas da finalísima cedendo fronte ao At. Madrid. Pero na 1994/95 non houbo contemplacións fronte ao verdugo ligueiro do ano anterior, o Valencia. Os de Arsenio venceron na reanudación dun partido, suspendido dous días antes por unha descomunal sarabia sobre o Bernabéu, con gol de Alfredo Santaelena (2-1) que os colocaba na Recopa europea. Como colofón da súa boa traxectoria no torneo hai que sumar unha nova presencia en semifinais na temporada 1998/99 na que tamén foron desprazados polo At. Madrid..